A Consellaría achega a editores e produtores para crear un fondo de libros que levar ás pantallas

Mercar boletos para a literatura

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O cine é unha fonte de ideas. E agora, produtores e editores volveron a renovar o compromiso iniciado no 2001 de relacionar a literatura galega e o audiovisual. O segundo encontro propiciouno a Consellaría de Cultura, que achegará 30.000 euros para crear un catálogo de 16 obras literarias galegas para a súa adaptación a un produtor audiovisual como longametraxe, serie ou película para televisión. As entidades implicadas son, por un lado a Asociación Galega de Editores (AGE) e polo outro a Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI) e a Consellaría de Cultura. O catálogo inclúe unha sinopse da obra, viabilidade de produción, mercados obxectivos, valor estimado do mercado, posíbeis socios financeiros e custes dos dereitos de propiedade intelectual.

Consulta a listaxe completa das obras en La Voz de Galicia e El Correo Gallego e o anterior acordo entre as tres entidades en AVG

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito