A Fundación Galiza Sempre presenta un documental sobre a revolución galega de 1846

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle a estrea este domingo cunha proxección aberta ao público

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaAudiovisualEstreas
Compartir:
A Fundación Galiza Sempre presenta un documental sobre a revolución galega de 1846

Este ano fanse 180 anos da Revolución Galega de 1846, tamén coñecida como "Levantamento de Solís" e desde a Fundación Galiza Sempre queren contribuír a recuperar unha parte da historia, que consideran silenciada para o cal produciron o filme documental '1846. Revolución Galega', dirixido por César Caramés. O filme estrearase este domingo, 26 de abril a coincidir co día dos fusilamentos de Carral do mesmo episodio histórico, no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 18:00 hrs., cunha proxección aberta ao público ata completar aforo.

 

 

O documental da Fundación Galiza Sempre, presenta este episodio histórico usando da animación tradicional para as recreacións e engade un forte traballo de documentación así como numerosas achegas de historiadores en formar de declaracións. Tras a súa estrea o documental proxectarse en Ferrol o 30 de abril; xa en maio proxectarase en Ourense o día 7; en Pontevedra, o 13; en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) o 14; en Nigrán o 28; en Outeiro de Rei,  o 30 de maio na Casa-Museo Manuel María; e o 1 de xuño, en Lugo.

Que che parece esta nova?
138 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Fundación Galiza Sempre, Teatro, Teatro Principal de Santiago de Compostela...