A longametraxe 'Decorado' de Alberto Vázquez segue a recoller galardóns dos certames internacionais. Neste caso, o filme ven de alzarse co Premio á Mellor Longametraxe Iberoamericana na décima edición dos Premios Quirino de Animación Iberoamericana, celebrados en Tenerife.
O filme de Alberto Vázquez, que gañou tamén o premio Goya a mellor longametraxe de animación, ademais de outros recoñecementos e festivais, está producido por María e Arnold AIE, Abano Producións, Uniko, Glow Animation e Sardinha em Lata (España, Portugal). Estreouse a nivel mundial no Fantastic Fest de Austin (Texas, EE.UU.), dentro da Sección Oficial do certame internacional acadando unha mención do xurado. Este filme, baseado na curtametraxe homónima de 2016 de Vázquez que lle valeu outro dos seus premios Goya, combina animación para adultos, comedia negra e drama fantástico.
En 'Decorado' un rato de mediana idade en plena crise existencial que empeza a sospeitar que todo ao seu redor é unha gran farsa tras a morte do seu mellor amigo. O que comeza como unha paranoia cotiá convértese nunha fuxida desesperada cara a algo que se pareza, aínda que sexa un pouco, á liberdad.



