En 1726 Filipe V ordenou o inicio da construción das obras do Arsenal de Ferrol. O que ata entón era unha reducida vila de pescadores pasou e se converter nunha base naval e unha cidade construída baixo as premisas da Ilustración. Unha mostra inaugurada onte no Museo Naval da cidade percorre a historia da presenza militar na cidade departamental.
O Museo Naval de Ferrol inaugurou onte a exposición "III Centenario del Departamento Marítimo do Norte 1726-2026", que amosa os vínculos entre a cidade de Ferrol e a Armada a través da evolución da cidade e da súa infraestrutura militar. A exposición inclúe o Atlas de España de Vicente Tofiño, cadros, cartografía e navegación ou planchas de cobre dos séculos XVIII e XIX. A través de recreacións e ilustracións, a mostra permite observar a evolución do complexo defensivo e naval da cidade ao longo deste tempo. A exposición pódese visitar ata o 28 de xuño.

