O Consello da Xunta aprobou onte o acordo de recoñecemento, autorización e
cualificación como museo do Exponav Museo da Construción Naval de Ferrol, cun contido monográfico relativo á construción naval e de ámbito autonómico. Deste xeito elévase á categorÃa museÃstica o que é o principal recinto expositivo marÃtimo español dedicado á historia da construción naval. a Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das Actividades MarÃtimas (Exponav), que é a encargada de xestionar o Museo, ten previsto levar a cabo mostras temporais e itinerantes e fomentar actividades complementarias de fotografÃa, pintura, talleres de restauración, conferencias, etc. Dita fundación é soportada polas subvencións de diversas institucións, entre as que destacan a Armada, a Deputación da Coruña, o Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.O museo destaca pola súa significación histórica, pola súa localización (integrado no Arsenal), e polas coleccións que alberga, que permiten coñecer os elementos propios da disciplina naval e marÃtima ao longo de tres séculos, ao tempo que desempeña un importante labor divulgativo sobre os fitos históricos máis relevantes relacionados con esta actividade en España. O centro expositivo ten a súa sede no edificio restaurado de FerrarÃas, que forma parte do conxunto histórico do Arsenal de Ferrol e que, xunto coa base naval, foi construÃdo no século XVIII tras a designación da vila en 1726 como capital do Departamento MarÃtimo do Norte.
O edificio alberga unha colección de fondos do patrimonio marÃtimo e industrial únicos, cun alto valor histórico xa que permiten coñecer o desenvolvemento e a evolución da construción naval militar e civil en España desde o século XVIII ata a actualidade, asà como o papel que representa a cidade de Ferrol neste ámbito. Por exemplo, destaca o pecio da Fragata Magdalena, afundida na rÃa de Viveiro en 1810 erecuperada pola Armada Española entre os anos 70 e 80 do século pasado.O recinto consta dun espazo de 4.000 metros cadrados repartidos en dúas plantas dedicadas á historia da construción naval. Na planta baixa pódese facer un percorrido polas distintas técnicas de construción e os servizos máis esenciais dun buque. Na planta superior atópase a sala de exposicións temporais, asà como salas temáticas,entre elas as dedicadas ao estaleiro Astano, á Armada e os seus buques e Escolas, ás navieiras e aos portos, entre outros.