Ferrol aproveita a construción naval para unha ruta turística

A iniciativa comezará a funcionar a vindeira Semana Santa

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os estaleiros en funcionamento canda aos edificios históricos vencellados aos barcos fan parte da ruta turística da construción naval que vai pór en marcha Ferrol. A iniciativa, que se presentou o pasado mes na Feira Internacional de Turismo de Madrid, propón un percorrido por edificos históricos como o Arsenal Militar, o museo Exponav, o museo naval e mesmo unha visita ás instalacións de Navantia, onde se poderá contemplar o proceso actual de construción de barcos. A ruta darase a coñecer mediante folletos, sinalizacións pola cidade e mesmo aplicacións para móbiles. Está previsto que o proxecto inicie as primeiras visitas a vindeira semana santa.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Semana Santa, Turismo, Feira...

Claves

Lugares