Os Premios da Crítica estatais recoñecen a Fernando Castro Paredes e a Lorena Souto

O xurado valorou a novela O lanzador de coitelos e o poemario Exuvia e saliva como mellores obras en galego do ano

| Santiago. Redacción | Seccións: literatura
Compartir:
Os Premios da Crítica estatais recoñecen a Fernando Castro Paredes e a Lorena Souto

A Asociación Española de Críticos Literarios daba a coñecer este 11 de abril o fallo dos galardóns anuais que recoñecen as mellores obras publicadas no Estado. Na categoría de propostas en lingua galega foron seleccionadas a novela O lanzador de coitelos, de Fernando Castro Paredes e publicado por Galaxia, e mais o poemario Exuvia e saliva, escrito por Lorena Souto e que viu a luz da man de Chan da Pólvora.

O xurado, composto por 21 nomes da critica literaria estatal, destacou do traballo de Castro "a súa capacidade para combinar a tensión narrativa propia do xénero cunha prosa de gran forza literaria e unha fonda dimensión psicolóxica" que o fan ser "delicioso e duro á vez”. O fallo apunta tamén ecos de autores como Fernando Pessoa, William Faulkner ou Eça de Queirós nunha obra que "constrúe unha proposta que transcende os códigos do suspense para situarse nun territorio literario de maior ambición e profundidade".

 

Encol da obra de Souto, a resolución apunta "a súa madurez literaria e o seu xeito de habitar un medio rural en constante cambio". A obra achega, segundo a editora, " unha ollada de microscopio sobre o contexto rural, fixada no detalle a nas estruturas internas, que foxe de idealizacións para formular preguntas abertas e procurar unha comprensión íntima da experiencia vital nesa realidade". Os galardóns non contan con dotación económica.

 

Que che parece esta nova?
216 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fernando Castro Paredes, Lingua galega, Chan da Pólvora, Asociación Española de Críticos Literarios...