Tres novas publicacións achegan a Begoña Caamaño ao público máis novo

Lela Edicións, Bolanda e Embora presentan cadansúa obra sobre a homenaxeada no Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: literaturaDía das Letras Galegas 2026
Compartir:
Tres novas publicacións achegan a Begoña Caamaño ao público máis novo

Segundo se achega a data, multiplícanse tamén as publicacións arredor da figura de Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas. Nesta altura, son tres os novos lanzamentos ilustrados orientados a público infantil e xuvenil os que se incorporan aos andeis das librarías do país.

Ilustracións de Tania Solla e textos do colectivo Polo Correo do Vento compoñen Begoña Caamaño. Pequena biografía, o volume co que Lela Edicións se suma aos lanzamentos arredor da homenaxeada polo Día das Letras Galegas. O volume repasa a traxectoria da escritora dentro da colección Mulleres Galegas.


Tamén se incorpora á listaxe de lanzamentos pola efeméride Edicións Embora. Ao igual que en 2025, é o dúo conformado por Icía Varela e Xosé Luís Varela quen corre cos textos de Begoña Caamaño. Nerea Gómez achega as ilustracións a esta obra que se presenta como "unha experiencia visual e pedagóxica a toda cor que percorre, ao longo das súas 44 páxinas, a vida, a obra e a acción social dunha das voces máiss singulares e necesarias da nosa literatura do século XXI".

 

Finalmente, Bolanda Editora, súmase á celebración con Begoña Caamaño : Os bolechas. Pepe Carreiro asina este álbum ilustrado que fai unha aproximación da figura ao público máis novo en 19 páxinas e que se publica no marco da colección As miñas primeiras letras galegas.

Que che parece esta nova?
176 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O esquecemento de Tespis

O esquecemento de Tespis

A recuperación da memoria desta histórica compañía pon de relevo os problemas de conservación do patrimonio escénico

O futuro comeza aquí

O futuro comeza aquí

A formación académica e os novos proxectos marcan unha nova xeración na escena galega

Baixar o pano

Baixar o pano

A feira das artes escénicas remata cun espectáculo de novo circo

Axenda completa

Moito teatro de adultos na terceira xornada da feira das artes escénicas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Begoña Caamaño, Día das Letras Galegas, Icía Varela, Pepe Carreiro...