Tirso Cons publica Abandonados con Astiberri

Novas propostas de Antela Editorial e de Xerais súmanse aos lanzamentos da BD galega

| Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
Compartir:
Tirso Cons publica Abandonados con Astiberri

Logo de varios anos sen novidades no campo da novena arte, o pontevedrés Tirso Cons volta aos cadriños con Abandonados. A editora vasca Astiberri publica esta obra con guión de David Muñoz que, ao longo de 232 páxinas, narra a historia dunha anciá que ten que coidar do cadelo do seu fillo cando este morre.

Pola súa banda, Antela Editorial consolida a súa colección de BD con Pat Estela e o xigante de plástico. O guión de David Braña e as ilustracións de Ángela Curro dan forma a esta obra xuvenil na que a protagonista atopa un misterioso robot cando unha illa de plástico ameaza a súa aldea. Da man da mesma editora chega tamén Fauna, de Iago Fernández e Damián Gómez, a contar a historia dun mundo poboado por animais antropomorfos no que aparece unha misteriosa cría humana. Precisamente outra obra publicada por Antela, Miquits, de Alba De Evan e Xabier Domínguez acaba de ser lanzada en Rusia da man da editora Clever e está anunciada a súa vindeira edición en Estados Unidos.

 

Desde Xerais, un veterano da BD galega, Alberto Varela Ferreiro, achégase á mocidade do seu personaxe máis icónico con Xeixas Johnson en O dragón anoado. As orixes deste detective galego-americano, entre Cuba e Estados Unidos compoñen unha nova aventura que se completa con dúas historias xa publicadas co mesmo protagonista, A Deusa Mexica e O Caso do Cofre, a completar as 120 páxinas do volume.

Que che parece esta nova?
265 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves