O vindeiro 21 de xuño verá a luz en Francia, da man da editorial Glénat, o primeiro volume de Les Traqueurs. O autor pontevedrés Tirso Cons debuxa e é responsable do argumento deste álbum de 56 páxinas, que conta co apoio no guión de David Muñoz. L'Arme perdue des dieux é unha historia de piratas con tintes fantásticos que ten previsto un primeiro arco argumental de tres álbums e que se irá completando ao longo dos vindeiros anos. Un pouco máis tarde, para o 29 de agosto, sae en Estados Unidos Allen son of Hellcock, un volume de 149 páxinas que repasa a historia dun mozo anodino que se descobre como fillo dun guerreiro bárbaro nun mundo de fantasÃa. O vigués Miguel Porto corre co debuxo desta obra, da que vira a luz un primeiro fragmento en formato comic-book tamén da man da editora Z2, e que ten guión de Will Tracy e Gabe Koplowitz.
Pola súa banda, o ourensán David RubÃn continúa cos seus lanzamentos alén do Atlántico e presenta a vindeira semana a súa participación como artista convidado na serie Black Hammer. O galego debuxa o número nove desta serie de Dark Horse Comics que foi nominada aos Premios Eisner e que conta con guión de Jeff Lemire.