O ILG colga en internet o Tesouro Informatizado da Lingua Galega con once millóns de palabras

Tesouro on line

8/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Durante moito tempo o Instituto da Lingua Galega, ILG, estivo traballando na confección dun tesouro do idioma. Un corpus que serve para a fabricación de dicionarios, ao recoller as variantes dialectais, diacrónicas e gráficas dun termo; que se pode usar como dicionario de autoridades; alén de servir de fonte de consulta para investigadores. A día de hoxe ese corpus, o Tesouro Informatizado da Lingua Galega, conta con once millóns de rexistros, que aínda que non son todas as palabras do idioma, son unha parte fundamental. E agora toda esta base de datos pode consultarse en internet.

Máis información en Galicia Hoxe e Vieiros e consulta o Tesouro

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, ILG, Internet, Dicionario...