Torre de Aez. Foto: Óscar Franco / patrimoniogalego.net
A torre de Aez xa se atopaba en estado ruinoso e parcialmente derrubada, pero as chuvias dos últimos meses contribuíron a que unha nova parte do lenzo deste inmoble de orixes medievais e renacentistas se viñera abaixo. En concreto, máis da metade dun ventanal que incluía o escudo heráldico dos Castro e dos Gaioso. A torre atópase na parroquia de Camoira (Lugo) e o seu mal estado é ben coñecido, ao figurar en diferentes listas de patrimonio en perigo.



