Edítase por vez primeira o “Edipo” co que en 1961 Manuel María gañou o premio de teatro do Centro Galego de Bos Aires

Edipo sae da escuridade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cando en 1960 o escritor chairego Manuel María escribía a obra “Edipo” que el mesmo define como un “antifranco” non podía imaxinar que tería que agardar máis de corenta anos en vela publicada e aínda non representada. A obra conseguiu en 1961 o premio de teatro Vilar Ponte concedido polo Centro galego de Bos Aires pero nunca chegou a ser publicada nin representada. A Biblioteca-Arquivo teatral Pillado Mayor da Universidade da Coruña publica agora a obra do académico acompañándoa dun estudo preliminar sobre a extensa obra de Manuel María a cargo do filólogo Miguel Mato Fondo.

Máis información no Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Teatro, Centro Galego de Bos Aires, Galicia Hoxe...