A Xunta actuará de urxencia no tramo caído da muralla de Lugo

As fortes chuvias provocan o derrubo dun pano interior da emblemática cerca

9/2/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio

José López Campos, conselleiro de Cultura, inspecciona o tramo caído da muralla de Lugo. Foto: Xunta.

O sábado ás once e media da noite un tramo interior da muralla de Lugo, na rúa do Moucho, caeu sen causar vítimas. O derrubo, provocado polas fortes chuvias destes días, afectou a un lenzo que non formaba parte do trazado orixinal de época romana, senón dunha área reparada aproximadamente nos anos vinte do século pasado. O conselleiro de Cultura, José López Campos, manifestou nunha visita á zona que a Xunta actuará "de urxencia" neste tramo impactado. 

Que che parece esta nova?
131 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Os técnicos de Patrimonio xa realizaron unha primeira inspección da muralla, pero a Xunta manifestou que se fará unha análise de todo perímetro para ver se hai outros puntos afectados e actuar en consecuencia. José Ignacio López de Rego, autor do plan director da muralla, explicou que se coñecía que esta área tiñan unha febleza porque cando se intervira nela nos anos vinte empregáranse materiais non adecuados. O monumento, que é Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade, leva recibindo obras de restauración e consolidación nos últimos anos. 


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muralla de Lugo, Lugo, José López Campos, Patrimonio da Humanidade...