Cando menos unha parte da muralla da Coruña foi erguida nos séculos III e IV, en época romana, a coincidir co mesmo proceso de fortificación noutras cidades romanas da Gallaecia, como Lugo, Braga ou Astorga e nun contexto de inestabilidade e inseguridade no Imperio. Eses son os resultados dados a coñecer onte pola arqueóloga Purificación Soto, responsable da musealización deste tramo de muralla que xa se pode visitar, previa cita, nos baixos dun inmoble privado na rúa de Santo Domingo. As análises por termoluminiscencia do morteiro da muralla revelaron que a fundación da muralla se produciu en época romana. Os datos son coincidentes con boa parte da biografÃa romana da cidade, que pasou de ser un asentamento aberto localizado sobre todo na zona baixa a unha posible fortificación neses últimos séculos do Imperio romano na actual cidade vella. Por outra banda, o concello da Coruña tamén anunciou a apertura doutro lenzo da muralla de 56 metros de lonxitude na rúa PrÃncipe.
Adicionalmente, coñecéronse máis resultados da intervención realizada no mesmo solar de Santo Domingo, e que coinciden co publicado en outubro de 2021 por Samuel Nión a partir da análise de materiais cerámicos atopados nunha intervención na rúa PrÃncipe: a existencia dun enclave comercial entre ártabros e púnicos na actual cidade vella. A abundante presenza de material de importación mediterránea xunto cos restos dunha construción anterior a un pavimento do século I a.C. revela a existencia dun espazo comercial. En declaracións a la Voz de Galicia, os arqueólogos sinalan que "houbo intercambios moi temperáns, en torno ao século IV a.C.", entre os mercaderes fenicios e os galaicos. Juan Naveiro sinala a abundancia de material de importación no espazo.