A torre de Torés sofre un importante desprendemento

As choivas provocaron a caída de diferentes pedras da parte superior deste monumento, declarado BIC

5/2/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
116 lecturas | Compartido 0 veces

Derrubamento na torre de Torés. Fotografía de Xabier Moure

As choivas provocaron este 4 de febreiro que a torre de Torés, nas Nogais, perdese un importante fragmento da súa estrutura. Unha boa cantidade de pedras da parte superior deste monumento do século XIV, declarado ben de interese cultural, caeron sobre un prado anexo, a incluír un elemento de evacuación de auga situado na coroa da torre.

O concello acordoou a zona ante o risco que se produzan novos derrubamentos, xa que un dos lenzos do conxunto quedou visiblemente inclinado na mesma dirección do derrubamento e ameaza con caer. Este non é o primeiro desprendemento que sufriu esta fortaleza ao longo do inverno, segundo alertou a veciñanza.

 

A casa de Medinacelli, propietaria do conxunto, cedeullo ao concello en 2013 por un período de 25 anos para que a administración desenvolvese traballos de restauración e conservación, pero a alcaldía sostén que carece de fondos para abordar estes labores. Entidades como o Colectivo Patrimonio dos Ancares e a Asociación Val de Torés levan anos a denunciar o deficiente estado no que se atopa a estrutura.

 

Estado da torre de Torés despois do derrubamento. Fotografía de Xabier Moure
Estado da torre de Torés despois do derrubamento. Fotografía de Xabier Moure


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Ben de Interese Cultural, Xabier Moure, Fotografía...