O Museo do Pobo inaugura unha exposición de máscaras como expresión cultural universal

Masks. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II estará aberta en Santiago de Compostela ata o 26 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
O Museo do Pobo inaugura unha exposición de máscaras como expresión cultural universal

O Museo do Pobo Galego inaugurará mañá xoves, 29 de xaneiro ás 19 horas no claustro alto, a exposición Masks. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II. A mostra exhibe 66 pezas que "percorren os usos, tempos e significados da máscara". Deste xeito, vemos máscaras relixiosas vinculadas ao Nadal, Semana Santa e Corpus, exemplos do carnaval cortesán barroco e da Commedia dell'Arte, do entroido ou das máscaras funerarias, entre outros. A mostra está coordinada pola profesora Pilar Panero, da Universidad de Valladolid, a través da Cátedra de Estudos da Tradición. Masks busca "achegarse ao mundo das máscaras como expresión cultural universal, presente en festas, rituais, celebracións relixiosas e representacións teatrais de diferentes épocas e lugares do mundo". A mostra estará aberta en Santiago de Compostela ata o 26 de abril.

Que che parece esta nova?
212 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela, Semana Santa, Barroco, Entroido...