En poucas datas coincide en tanta xente o interese por facer algo de turismo como na Semana Santa. Sen dúbida, e como ben saben en Andalucía, as celebracións relixiosas deste tempo son quen de congregar un bo feixe de curiosos por ver os diferentes rituais que estes días se celebran. De calquera xeito, canda ás grandes e convencionais festas, encontramos espallados polo país algúns curiosos exemplos de celebracións tradicionais destas datas.
Nesta altura, xa é coñecida de todo o mundo a sona das celebracións católicas da Semana Santa en cidades coma Ferrol, Santiago de Compostela e Lugo. Procesións multitudinarias reúnen unha escenografía que pouco se diferenza, a miúdo, da que se pode atopar en calquera outro recanto do estado. Mais, de xeito simultáneo, mantéñense polo país celebracións máis afastadas dos tópicos pascuais. Velaí algunhas que se poden visitar nestes días
A Resurreción da festa
É ben sabido que nas crenzas católicas a Semana Santa é tempo de recollemento e sacrificio, que só remata coa chegada da Pascua da Resurrección. En poucos lugares ese día se celebra con tanta ledicia como en Fisterra. Alí, as festas do Santo Cristo reúnen, desde o Sábado de Gloria ao Luns de Pascua, charangas, orquestras e fogos de artificio ao mais tradicional xeito das celebracións do país. Á vertente máis festiva, neste Concello súmanse representacións populares de escenas bíblicas coma o Desencravo ou a Oración do Horto.
Descubre a Festa en La Voz de Galicia e no web do Concello de Fisterra
Caracois e Cristo
¿Que teñen a ver Cristo e os caracois? É cousa de llo preguntar aos veciños do Castro de Valdeorras, que cada ano organizan unha curiosa procesión na que estes gasterópodos teñen un papel destacado. É tradición alumear o paso procesión local de Venres Santo cunha infinidade de cunchas destes animais con mechas no seu interior, aos que se suman piñas e outras luminarias. O conxunto conforma un espectáculo único e moi pouco coñecido que convida a ser descuberto.
Descubre a procesión na bitácora de Manuel Gago
Nas Ermidas rebentan a Xudas
A non moita distancia de Valdeorras, no coñecido Santuario das Ermidas (O Bolo), teñen as súas propias variacións para estas festas. Este espazo congrega cada ano un bo lote de persoas nun duro viacrucis monte arriba no que se percorren catorce capelas e que conta coa participación de sesenta e dúas tallas de madeira. Ademais da representación do desencravo e outros momentos da paixón, as celebracións remataban ata hai ben pouco coa curiosa Estoupa do Xudas. É esta unha demostración pirotécnica na que un boneco cheo de petardos que representa o apóstolo traidor rebenta para ledicia dos veciños. Nos últimos anos semella que unha salva de petardos está a substituír esta práctica.
Máis información no web do Concello de Valdeorras e no Diario de León
A procesión dos vellos mariñeiros
A de Viveiro está a se consolidar, nos últimos anos, como unha das celebracións pascuais máis destacadas do país. Orixinaria do século XIII, a festa reúne, canda a de Cangas, os mellores exemplos de imaxes articuladas do país. Canda a isto, un completo programa de procesións, que inclúe tamborrada, compoñen unha tradición única que foi recoñecida coa declaración de Interese Turístico Nacional.
Descubre a Semana Santa de Viveiro
Notas doutras espiritualidades
En Compostela, ademais das propostas máis comúns, a Semana Santa acolle desde 2006, o festival Músicas Contemplativas. Nesta orixinal aposta diferentes espazos sacros da cidade acollen concertos de música relacionada, dun ou doutro xeito, coa espiritualidade, desde as medievais Cantigas de Santa María a música magrebí, serbia ou ás composicións clásicas de Haydn.
A anterior edición do Festival de Músicas Contemplativas na nosa hemeroteca
Alternativa e culto ao corpo
Agora, como alternativa total, se non se quere ir ver manifestación relixiosa ningunha e nin sequera tes gana de seguir á maioría e viaxar nestas datas, tamén existen posibilidades interesantes. Por exemplo, dedicarse ao culto ao corpo sen saír da propia cidade, nun dos múltiples spás que van xurdindo nos núcleos urbanos do país. Que é un culto tan bo coma calquera outro.
En Ourense, unha das paradas obrigadas son as termas da Chabasqueira