A comunidade galega no Río da Prata pensa a Castelao en voz alta

O IGADI pon en rede unha publicación con voces actuais da galeguidade en América

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A comunidade galega no Río da Prata pensa a Castelao en voz alta

A xornalista Paula Sabajanes coordina a publicación especial "Ano Castelao" que o Instituto Galego de Desenvolvemento Internacional (IGADI) publicou na rede con descarga gratuíta. A publicación entrevista a diferentes representantes da comunidade galega en Bos Aires ao redor do legado de Castelao e recolle propostas sobre diferentes proxectos vinculados a Castelao e á diáspora, desde un museo virtual sobre a súa figura, a creación dunha materia de "Historia da emigración galega" ou un plan director do patrimonio cultural das sociedades galegas na diáspora. No libro colaboran Carlos Schröder, Xulio Ríos, Horacio Vázquez Rivarola, Facundo Reyna Muniain e Adela Fernández Cruz.

Que che parece esta nova?
187 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, IGADI, Diáspora, América...

Claves

Entidades
Conceptos