A Xunta presenta a e-Biblioteca da Galeguidade

Achega, polo momento, 12 títulos dixitais centrados na emigración

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Xunta presenta a e-Biblioteca da Galeguidade

A Secretaría Xeral da Emigración acaba de presentar a e-Biblioteca da Galeguidade, un web no que recolle as publicacións sobre a diáspora galega editadas pola propia Xunta. Polo momento, están dispoñibles doce volume para a súa lectura en liña e descarga en formato pdf. Os estudos Asociacionismo galego no Exterior ou Autoconcepto en hijos de emigrantes, o volume Casas de indianos, que analiza as vivendas construídas desde a emigración, ou obras sobre a presenza galega en Chile, A Habana, ou Arxentina son algunhas das obras que se poden consultar. A intención da secretaría xeral é continuar coa publicación en liña dos seus volumes.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diáspora, Chile, A Habana, Arxentina

Claves

Conceptos