Un ensaio sobre a lonxevidade gaña o Premio Ramón Piñeiro

O médico e escritor ourensán Roberto Fernández asina a obra titulada a 'A arte de non morrer'

30/12/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Momento do fallo

A obra 'A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega', do médico Roberto Fernández Álvarez (Ourense, 1967), resultou gañadora do de Ensaio 2025, que organizan conxuntamente a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega. O xurado destacou sobre o texto premiado a súa capacidade para achegar un tema de actualidade como é o da esperanza media de vida e a lonxevidade social, "explicando estas realidades desde un fondo coñecemento médico especializado que afonda no bioquímico, na tecnoloxía dos alimentos e na vida saudable". Así mesmo, tamén se salientou "como se relaciona ese saber coa cultura socializada e as citas de autoridade literarias e artísticas, así como a fundamentación antropolóxica, filosófica e sociolóxica". O premio está dotado con 3.000 euros e a obra será publicada pola Editorial Galaxia durante o próximo ano. Roberto Fernández Álvarez é un médico e escritor. Como autor literario foi distinguido no ano 2022 co Premio Blanco Amor pola súa novela 'A inmoral doutora Cons'. Como ensaísta, recibiu o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2017 pola súa monografía 'Enfermos pobres, médicos tristes'.

Que che parece esta nova?
394 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Fernández Álvarez, Editorial Galaxia, Vicente Risco, Antropoloxía...