A feira Culturgal pechou onte, domingo, a súa edición 2025 cun balance de asistencia moi satisfactorio, xa que máis 16.100 espectadores pasaron polo Pazo da Cultura de Pontevedra. A cifra supera non só a do pasado ano por moito (12.700), senón que está por riba das acadadas nas edicións pre-Covid 19, que sempre sinalaban aos 14.000 asistentes e que ata o de agora non foran alcanzadas. O director de Culturgal, Camilo Franco, considera que "as cifras de asistencia avalan a forte aposta pola programación deste ano, máis ampla e de maior calidade en todas as disciplinas da cultura", con outras novidades como o concerto de benvida do xoves (UxÃa) e o de peche fóra do espazo habitual no Teatro Principal (Óscar Ibáñez). Xustamente para o ano ven, o director de Culturgal adianta a intención de levar máis actividades a outras localizacións de Pontevedra, "sobre todo aos espazos que non teñen acceso habitualmente aos espectáculos culturais”, explica Camilo Franco. "Ano a ano damos pasos para atraer novos públicos, cunha oferta diversificada e iniciativas como o Teatriño e os espazos para a banda deseñada, o cine e a arte contemporánea, o circo ou o videoxogo galego", engade o director de Culturgal.
Sobre este ano, a organización destaca como "momentos de gran afluencia", o sábado pola tarde, cando todos os escenarios e espazos do Pazo da Cultura de Pontevedra estaban cheos para asistir aos adiantos teatrais, concertos, a Festa dos Clubs de Lectura, a loita de debuxantes, ou o último do circo galego. Máis de 500 persoas asistiron ao espectáculo 'Moito Conto' do sábado pola noite e o domingo foi protagonista 'Bibopalula. O espectáculo', a programación infantil e a homenaxe a Begoña Caamaño nas voces de Ana RomanÃ, A Pedreira e Mónica Caamaño, que serve como punto de partida das celebracións vinculadas ao DÃa das Letras Galegas 2026. O Festival das Culturas Galegas pensa xa nunha próxima edición "para afondar neste obxectivo de poñer en contacto as diferentes culturas de Galicia e ampliar os horizontes, ó tempo que conseguimos que a veciñanza de Pontevedra cruce o rÃo estes dÃas para vir a Culturgal", remata Camilo Franco. A literatura compartirá de novo protagonismo coa cultura dixital, a arte, a música, a ilustración, o teatro, o humor, o baile ou o cine, sen pechar a porta a novas disciplinas artÃsticas.