As pequenas cidades reclaman en Betanzos máis autonomía

A revancha das pequenas grandes cidades

Concentran o 70% da poboación española e desenvolven un papel importante na cohesión territorial. Son as pequenas cidades que esta fin de semana se reuniron en Betanzos para reclarmar o doble do que perciben. Unha partida presupostaria que implicará unha maior capacidade de gasto e máis autonomía. Unhas reivindicancións que teñen o seu punto de anclaxe do pacto local. E para isto todos os participantes do II Congreso de Pequenas Cidades Españolas elaboraron un decálogo que remitirán a estancias superiores.

Betanzos, gran cidade

Esta fin de semana Betanzos foi a sé da nova revolución. É a que se fragua entre as pequenas cidades españolas que conscientes do seu poder (concentran ó 70% da poboación española) decidiron asumir o seu rol. E para iso elaboraron un decálogo, centrado en recuperar un maior poder adquisitivo e maior autonomía, que remitirán ás súas entidades superiores. A saber, o Goberno, os Executivos Autonómicos e ó propio Rei.
Foron as conclusións que se fraguaron no II Congreso de Pequenas Cidades Españoles que congregou en Betanzos a uns 200 asistentes. Foi a pequena cidade galega que veu acoller o relevo deixado por Montijo (Badaxoz) e previo ó encontro que se celebrará en Úbeda (Xaén) no 2003.











Dez puntos cun tema importante: o pacto local


O documento que se redactou esta fin de semana recolle en dez puntos todas as súas propostas, que se poden resumir en dous piares básicos: maior presuposto (reivindican xustamente o doble do que perciben ata o momento) e unha maior autonomía local (o que conciben co nome de "pacto local", co que conseguirán concellos con competencias semellantes). Un feito que lles permitiría acadar unha certa mobilización ó patrimonio para facer deles un ben rendible economicamente.
Completa este decálogo que xustifica o poder desta entidade territorial crecente, as políticas medioamebintais (que deberían de formar parte dun desenvolvemento global dentro da política municipal), o emprego (consideran o factor local como un xacemento de emprego cun desenvolvemento sostible).