A Congreso Terra Chá bota a andar creando a Fundación Manuel María

Das cousas dos chairegos

Desde hoxe todos escritores e personalidades da cultura vencelladas á Terra Chá teñen a súa Fundación. Leva o nome dun escritor, Manuel María, por ser el coa súa palabra e coa súa aportación o que remarcou o concepto de Terra Cha. A fundación botará a andar hoxe co primeiro Congreso Terra Chá que organiza a asociación cultural Xermolos. E falando deste tip de eventos en Betanzos desenvólvese o "II Congreso de Pequenas cidades Españolas".


Un congreso e unha fundación


Desde hoxe e ata o vindeiro domingo diferentes localidades da Terra Chá organizarán o que é o seu primeiro congreso. Un evento que nace con vocación anual centrado en aspectos relativos á terra chairega e que este ano ten como tema principal a súa xeografía. Durante tres días en Rábade (hoxe), no Castro de Viladonga, na casa da cultura de Meira (mañá) e no auditorio de Vilalba (o 18) celebraranse múltiples actos no marco deste primeiro congreso. As xornadas contará coa presencia de profesionais especializados en diferentes disciplinas; entre os que destaca Xosé Chao Rego (nos factores identitarios), Río Barja (profesor Emérito de Xeografía da Universidade de Santiago que falará sobre "Xeografía e paisaxe chairega") e Rogelio Pérez Moreira (profesor do campus lucense da USC que falará sobre "Paisaxe emocional"). Un congreso que rematará con Miguel Anxo Fernán-Vello (que falará de "Estética. ética e poética da paisaxe").
Este congreso está organizado pola recén creada Fundación Manuel María, unha iniciativa que parte da man da asociación guitiricense "Xermolos" e que pretende ser, en palabras do alcalde de Vilalba, "un viviero de creadores coa vontade de chegar a todos os recantos da comarca". Esta fundación ten entre os seus proxectos máis inmediatos realizar un estudio sobre a cultura oral e a creación dunha biblioteca de estudios chairegos.












A autonomía das pequenas cidades


E hoxe tamén comeza en Betanzos o "II congreso de pequenas cidades españolas" que se prolongará ata mañá. Un congreso que concentrará a representantes de 150 concellos que pretenden discutir e debater as competencias muncipais. De feito, no programa preparado figuran cuestións como a xestión e tramitación dos fondos europeos, o financiamento local, as competencias municipais, as relacións entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e as federacións territoriais. A principal novidade deste congreso que chega a súa segunda edición é o feito de que as conclusións ás que se cheguen dentro destas xornadas non caerán en saco roto. De feito seguirán para establecer pautas que permitan o desenvolvemento integral destas cidades. Un feito bastante importante xa que afecta ó 80% da poboación do Estado Español, que viven en concellos entre 5.000 e 20.000 habitantes.