O Museo do Pobo Galego recibe o fondo Faustino Santalices

Foi entregado polas netas do músico e etnógrafo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Faustino Santalices.

Faustino Santalices.

Non se pode entender a recuperación da música tradicional galega sen Faustino Santalices (1877-1959). Gaiteiro, artesán e incansable promotor dos instrumentos tradicionais galegos, desde a gaita ata a zanfona, do que foi responsable da súa recuperación. O seu labor como compilador de melodías e romances foi tamén moi destacado. O legado material de Faustino Santalices foi conservado polo seu fillo, o médico Faustino Santalices, e agora será doado ao Museo do Pobo Galego polas netas, Rosa María e María Isabel Santalices. A entrega do fondo, que se formalizará esta tarde do xoves no xardín do claustro do Museo, "constitúe unha colección singular de gran valor etnográfico, histórico e artístico para a cultura galega, que inclúe o seu obradoiro, ferramentas, zanfonas, gaitas, fotografías, diplomas, cadros, partituras musicais e numerosa documentación".

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Pobo Galego, Obradoiro, Etnografía, Antropoloxía

Claves

Lugares