A Deputación da Coruña vén de facer pública a decisión do xurado do XX Premio Castelao de Banda Deseñada, que cada ano convoca dous premios nas categorÃas Xeral e de Literatura Infantil e Xuvenil. Ambas categorÃas están dotadas cun premio de 6.500 euros para a obra gañadora. Na modalidade xeral, a obra galardoada foi 'Maré', un proxecto de Manuel Barreiro Rozados e ElÃas Oliver Taño. Pola súa parte, na modalidade LIX, a obra premiada foi 'Narices!', da autora Giovanna Lopalco.
Sobre a elección de 'Maré', o xurado destacou "a potencia e o impacto da súa proposta gráfica, que, cun estilo singular, evoca o imaxinario da clase obreira e do mundo mariñeiro, ofrecendo unha narrativa visual profundamente coherente co relato que sustenta o proxecto". No relativo ao premio para 'Narices!' a decisión do xurado foi unánime, e salientouse "a orixinalidade do proxecto, o seu estilo fresco e persoal, asà como o seu carácter dinámico e lúdico. 'Narices!' propón unha experiencia de xogo que, ademais de entreter, amosa un gran potencial de futuro no ámbito da literatura xuvenil", asegura o xurado.
O xurado estivo presidido por Natividade González, deputada de cultura, e contou coa participación das gañadoras da anterior edición, Sandra Lodi e Laura Suarez Fernández, e de especialistas do ámbito cultural: Tomás Guerreiro GarcÃa, Sara Prieto Puy e Pablo Prado Fernández. A presidenta agradeceu "a implicación das persoas integrantes do xurado" e sinalou que, por criterio de obxectividade, decidiu non participar no debate nin facer uso do seu dereito ao voto.