Zulueta avoga por profundizar no emprego das novas tecnologías para garantir a diverside cultural e entrar “na contemporaneidade do Terceiro Milenio”

Novas tecnoloxías para potenciar o Nós

O Consello da Cultura Galega acolleu onte un multitudinario acto en homenaxe aos seus vinte anos de existencia. No seu discurso, o Presidente do Consello da Cultura Galega marcou dous retos para o futuro da institución: “o recoñecemento das diversas culturas na perspectiva da globalización e das novas tecnoloxías” e “a posible actualización da vixente Constitución Española e a necesidade de situar a Galicia no lugar que lle corresponde no concerto hispano, tendo en conta a súa personalidade e historia”. Como traballos concretos para os vindeiros anos, Zulueta aludíu á edición da obra inédita do Padre Sarmiento, ás exposicións sobre a figura do diplomático do XVII, Diego de Lemos, Conde de Gondomar, as Cantigas de Santa María, e “O sorriso de Daniel” sobre a realidade cultural galega para o Forum das Culturas de Barcelona.

Máis información en consellodacultura.org; especial sobre os 20 anos do CCG na mesma web; sobre o Proxecto Sarmiento; sobre os traballos relacionados co Conde de Gondomar, sobre a exposición As Cantigas de Santa María; sobre a exposición O sorriso de Daniel