Hércules de Ediciones presenta Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos

Moisés Quintas e Victoria Pérez asinan este libro CD sobre o noso legado sonoro

25/6/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: músicapatrimonioDía das Letras Galegas 2025
72 lecturas | Compartido 0 veces

A libraría Cartabón de Vigo acolle este 26 de xuño a presentación de Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos. Moisés Quintas e Victoria Pérez explicaranlle ao público este lanzamento de Hércules de Ediciones arredor do Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras.
O volume explica de xeito didáctico os xéneros cantados, instrumentais, bailados e danzados da nosa tradición, a explicar as súas características, contexto de interpretación ou finalidade.

Este contido compleméntase cun CD que recolle 31 melodías recollidas de cancioneiros e fontes vivas que exemplifican a maior parte dos contidos recollidos no texto, a incluír partituras.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares