Víctor F. Freixanes e Luar na lubre recibirán a Medalla Castelao

O goberno galego deu a coñecer os cinco nomes que este ano será recoñecidos coa honra

Víctor Fernández Freixanes. Foto: Estevoaei / Wikipedia
Víctor Fernández Freixanes. Foto: Estevoaei / Wikipedia
O Consello da Xunta ven de aprobar este luns a relación das persoas merecentes este ano das Medallas Castelao. Pola parte da cultura esta honra recaerá este ano na formación musical Luar na Lubre e no escritor, xornalista e ex-presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes. Ademais deles o goberno galego imporá estes recoñecementos á médico xubilada Rosa Rodríguez Álvarez, á Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela), e ao director honorífico do grupo empresarial Grupo Pérez Rumbao, Emilio Pérez Nieto. O solemne acto de imposición das medalls terá lugar o vindeiro 28 de xuño, aniversario do plebiscito do Estatuto de Autonomía de 1936 e coincidente tamén co soterramento dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no Panteón de Galegos Ilustres.