Berta Dávila recibe o premio Ostana 2025 polo seu compromiso polo galego

É concedido por un festival do Piamonte que reivindica a diversidade lingüística

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Berta Dávila

Berta Dávila

A escritora Berta Dávila acaba de ser recoñecida polo Premio Ostana Scritture in lingua madre 2025 na categoría Giovani polo "seu compromiso estético e vital coa lingua galega". O galardón entrégase no transcurso do Festival a finais de xuño, que se realiza nesta localidade do Piamonte italiano e é organizado pola asociación Chambra d'Oc e a Comune de Ostana. A organización recoñeceu de Dávila "o seu percorrido excepcional como escritora e poeta, a súa capacidade de renovar a linguaxe literaria cunha voz auténtica e orixinal, e o labor constante de difusión da literatura galega máis alá das súas fronteiras naturais". É a cuarta persoa distinguida en representación da lingua galega tras Manuel Rivas, que recibiu en 2019 o Premio internacional, Craig Patterson, recoñecido como tradutor e Alfredo Conde, recoñecido na primeira edición.

Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berta Dávila, Lingua galega, Manuel Rivas, Alfredo Conde...