Quiosco: Grial, número 245

Inclúen as conclusións do I Foro Grial sobre cultura, arte e identidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Quiosco: Grial, número 245

O número 245 da revista Grial, editada por Galaxia, inclúe as conclusións do I Foro Grial: "Cultura, artes e identidades", con varios artigos que pensan como será a Galicia do ano 2050 neses ámbitos. A revista conta coa participación de Germán Labrador, quen se "pregunta polos horizontes da sociedade e da cultura galegas nun contexto de crise ecosistémica, cambio xeopolítico e peche autoritario dos Estados europeos" e "sobre as resistencias que están (ou non) a atopar estas transformacións aceleradas e o que isto significa". Manuel Olveira indaga sobre os "futuros perentorios e os pasados inacabados", e sinala que "cómpre imaxinar ou proxectar o futuro doutra maneira tendo en conta pasados que aínda nin se atenderon nin se cumpriron: a emigración, a ditadura e a transición, mais tamén a subalternidade, a repolitización e democratización da sociedade, a produción de relatos arraigados no contexto e o fortalecemento da estruturas da arte". Carme Adán e Lourdes Méndez debaten sobre a "existencia da comunidade", e dialogan sobre que "construír comunidades esixe manter -ou reconstruír- relacións e obrigas sociais: dar, recibir, devolver".

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Grial 248

Quiosco: Grial 248

As novas tecnoloxías protagonizan a nova entrega da revista da Editorial Galaxia

Quiosco: Grial

Quiosco: Grial

A revista publica as conclusións do ciclo de conferencias Nós e a cidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grial, Identidade, Germán Labrador, Manuel Olveira...

Claves

Conceptos