Anómico teatro estrea o monólogo 'Inconfesables actos de fascismo ordinario'

Teatro Ensalle acolle as primeiras representacións da nova obra de Julio Fernández Peláez

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Anómico teatro estrea o monólogo 'Inconfesables actos de fascismo ordinario'

A sala Teatro Ensalle de Vigo (Rúa Chile, 15) acolle este venres e ao longo da fin de semana a estrea da montaxe 'Inconfesables actos de fascismo ordinario' da compañía Anómico teatro. Asinada e interpretada polo dramaturgo Julio Fernández Peláez, recente gañador do Premio Laudamuco para textos teatrais, o espectáculo é unha proposta de anticonferencia na que el enfróntanos cunha serie de accións atravesadas pola idea dun fascismo que pasou de ser latente a ser argumento firme da realidade. Accións antipoéticas, anticómicas, antitráxicas, antiegocéntricas, antidiscursivas e decididamente ridículas que se deixan arrastrar polo espírito da ironía e a crítica radical cara todo aquilo que pasa a ser vítima da nosa mirada. "O fascismo é un fodido cálculo matemático, unha solución rápida ao problema do caos climático e a outras moitas outras cuestións de convivencia cotiá ou de orde público. O fascismo anula a importancia do tempo e a brevidade histórica dos acontecementos. O fascismo dá morte á memoria para lanzarnos a un futuro espectral. O fascismo está ata na sopa e non podemos evitalo", contempla o texto. A sesisón de estrea será este venres, 6 de xuño ás 20:00 horas, e haberá outras dúas sesións sábado e domingo no mesmo horario.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Ensalle, Espectáculo, Morte...

Claves

Entidades
Lugares