A Estrada organiza un festival de pop-rock para os cativos

O festival dos Arreiriños reunirá a tres formacións para público familiar

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Pakolas presentando espectáculo en Culturgal 2023 . Foto: Manuel G. Vicente

Pakolas presentando espectáculo en Culturgal 2023 . Foto: Manuel G. Vicente

O Concello de A Estrada ven de presentar unha nova iniciativa no eido dos festivais enfocada no público máis novo. O Festival dos Arreiriños, a celebrar nunha única xornada o vindeiro 1 de xuño, preséntase coma o primeiro festival infantil de Pop-Rock de Galicia. O cartel reunirá tres das ofertas actuais da escena galega pensadas para o público máis novo ou familiar, ademais de ofrecer actividades complementarias. Pakolas, a banda de Uxía Lambona e os vigueses Broken Peach conforman a oferta musical neste caso.

O nome do festival non pode deixar de relacionarse co do Festival Son dos Arrieiros, que viña realizándose na Estrada desde 2021, reunindio a diferentes bandas e artistas da escena galega. Xustamente nos pasados días coñeceuse que non se levará a cabo unha nova edición este ano e que a súa volta queda pendente dunha reflexión sobre o formato. Desde o Concello aseguraron que, máis alá da coincidencia do nome, non hai relación entre este novo evento e o anterior, que estaba a ser xestionado pola empresa Dotbeat. Recentemente o Concello da Estrada tamén presentou un festival de música a cargo de Djs, Latexo Fest, dirixido ao público xuvenil e que terá lugar este mesmo sábado, 24 de maio. Todos estes eventos terán lugar nunha carpa instalada na Praza do Concello.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Pop, Escena Galega, Pakolas...

Claves

Protagonistas
Conceptos