
A primeira temporada da BFV continuará o 20 de setembro cun concerto protagonizado polo director belga Bart Picqueur. Un programa de pezas deste compositor comporá o programa nesta ocasión. O dÃa 29 de novembro fechará esta primeira temporada cun monográfico dedicado a Johan de Meij, "un dos máis grandes referentes mundiais da música de banda", que levará a batuta da formación.
A formación presentouse ao público cun concerto en decembro de 2024, e nace co obxectivo de crear unha banda de música de alto nivel que interprete "repertorio novidoso, vangardista e esixente, escrito orixinalmente para banda de música". Ademais, quere ser un espazo que permita a músicos formados na contorna de Vigo en o resto do paÃs "traballar con directores/as e solistas de recoñecido prestixio" e "dar ao público a oportunidade de coñecer novo repertorio bandÃstico".
A longo prazo, a Banda quere promover cursos e sesións formativas a cargo das figuras convidadas, colaborar con entidades dedicadas á educación musical e fomentar a creación de música para este tipo de formacións.