
Para conseguir este obxectivo, a obra parte dunha ficcionalización que fai falar o galeguista en primeira persoa a partir da súa propia obra e biografÃa ademais do que din e contan os seus coetáneos e amigos. Canda á propia personalidade do homenaxeado, o volume repasa desde a ollada deste Castelao a xeración Nós e os movementos culturais e polÃticos do momento, con especial atención aos seus protagonistas.
O volume recolle tamén unha compilación de textos e declaracións de máis de 40 persoeiros da cultura do paÃs, "dende Antón Vilar Ponte e os integrantes de Nós ata o actual presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, pasando por outros como Carvalho Calero, Torrente Ballester, Cunqueiro, Granell, Novoneyra, Alonso Montero, Xosé Luis Méndez FerrÃn, Justo Beramendi e Alfredo Conde, entre outros".
A fechar a obra, unha escolma de poemas dedicadas ao homenaxeado amosa o impacto da súa figura na lÃrica do paÃs. Ramón Cabanillas, Teixeira de Pascoães, Celso Emilio Ferreiro, Luz Pozo Garza, UxÃo Novoneyra, Salvador GarcÃa Bodaño, Franco Grande, Dario Xohán Cabana, Fiz Vergara Vilariño, ou poemas inéditos realizados para esta edición por Xulio Valcárcel, Carmen Blanco e Claudio RodrÃguez Fer compoñen este apartado.