Comezan a restauración do torreón medieval do pazo de Tor

O investimento suporá 80.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Pazo de Tor. Foto: Turismo Ribeira Sacra

Pazo de Tor. Foto: Turismo Ribeira Sacra

A Deputación de Lugo acometerá a restauración do torreón supervivinte das vellas orixes do pazo de Tor (Monforte de Lemos) como fortificación medieval. O investimento, duns 80.000 euros, ten como obxecto evitar o risco de colapso da estrutura perceptible, debido á carga de auga e humidade que recibe o torreón, vinculado ao espazo do xardín e da casa. O pazo de Tor pertence á rede de museos da Deputación de Lugo e é un dos mellores exemplos de casa señorial visitable conservados en Galicia. Como moitas destas mansións, tivo as súas orixes nunha fortificación baixomedieval, pero non é tan frecuente que os pazos conserven algunha das estruturas defensivas da época. O torreón estaba danado porque a terra situada no interior, ao recibir filtracións de auga, provocaba un peso moi elevado sobre os muros da estrutura. O inicio das obras do torreón non interromperá as visitas ao pazo de Tor.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Museos, Monforte de Lemos, Muros

Claves

Conceptos