Presentado o libro sobre a narrativa de Otero Pedrayo gañador do certame Sempre en Galiza

Saber máis sobre Otero

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Café Moderno de Pontevedra acolleu a presentación do libro "A construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo", obra gañadora da última edición do premio de ensaio Sempre en Galiza de investigación, fallado o pasado mes de maio. O obra presentada onte é autoría de Carme Fernández Pérez Sanjulián. profesora da Universidade de A Coruña e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa. O libro, editado polo Concello de Pontevedra, propón unha revisión da narrativa de Otero Pedrayo concluíndo que os textos oterianos responden ao obxectivo político de substantivar a nación e trasladar esa idea pola vía das novelas.

Máis información en La Voz

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cómaros 2

Otero Pedrayo protagoniza o segundo número da Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sempre en Galiza, Narrativa, Ramón Otero Pedrayo, Ensaio...