A actriz Finola Vázquez morre aos 95 anos

Fíxose moi popular en series como 'Rías Baixas' ou 'El Comisario'

Finola Vázquez   Foto: AAAG
Finola Vázquez Foto: AAAG
O pasado sábado falecía a veterana actriz Finola Vázquez aos 95 anos de idade. Nacida en Neda en 1930, a interprete era coñecida entre o público por ter participado en series populares como 'Rías Baixas', 'Terras de Miranda', 'Gondar' ou 'El Comisario'. A intérprete tamén traballou no formato cinematográfico en películas como 'Los muertos van deprisa' ou 'Hotel Tívoli'. En 2001, foille entregado o Premio Agapi á mellor interpretación feminina de reparto. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia fixo pública a lembranza da súa compañeira e trasladou as condolencias a familiares e amizades.