O xurado do VI Festival Internacional Brasil de Cinema Itinerante acordou outorgar á actriz Isabel Naveira (A Coruña, 1975) o premio a mellor interpretación feminina de reparto na sección competitiva de curtametraxes, polo seu traballo na produción . A curtametraxe rodada en galego tamén recibiu no mesmo certame celebrado en Limeira (Sao Paulao) o premio á Mellor Banda Sonora Orixinal polo traballo de Black Panda e Diego Amil coa música. Naveira, que ven de participar nun rol coprotagonista na recente serie Néboa (TVE, Voz Audiovisual) é tamén moi coñecida polo seu traballo en series como Fariña ou Vis a Vis e é unha fixa nas series de Voz Audiovisual desde Mareas vivas. Cafeína estreouse en outubro do pasado ano 2019, dirixida por Sara C. Lorenzo e Julio López.