A revista LongaLingua volve en formato videopodcast

Comeza a nova etapa cunha entrevista a Pilar García Negro

| Santiago. Redacción | Seccións: LinguaComunicación
Compartir:
Imaxe da entrevista a Pilar García Negro en LongaLingua

Imaxe da entrevista a Pilar García Negro en LongaLingua

A revista LongaLIngua foi unha publicación creada desde a Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego que se mentivo activa entre os anos 2006 e 2021. Arestora ambas entidades veñen de darlle unha volta á hora de recuperar a esencia daquel proxecto e recuperan o seu nome para trasladalo ao formato videopodcast. Do mesmo xeito que antes, LongaLingua contará con análises sobre a situación da lingua galega en diferentes ámbitos a cargo de persoas expertas. Os videopodcast estarán dispoñíbeis en diferentes plataformas como Spotify e Youtube. O primeiro episodio publícouse o venres 7 de marzo, cunha entrevista á profesora honoraria da Universidade da Coruña, María Pilar García Negro. A revista e vídeopodcast será dirixida pola xornalista e comunicadora Eva Fernández Prieto.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pilar García Negro, Lingua galega, Normalización Lingüística, Spotify...