A Cidade da Cultura acolle desde este mes a emisión do videopodcast 'Conversas na balea', un espazo de faladoiros organizado pola ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade darlle voz a profesionais das artes e a cultura de diferentes eidos e achegarse a temáticas moi variadas nun formato distendido e próximo ás novas audiencias dixitais. No seu primeiro capÃtulo xa dispoñible na rede, se achega ao ámbito da promoción e produción musical desde a óptica de dúas mulleres profesionais de peso no sector. Trátase de Raquel Seijo, codirectora de Sweet Nocturna e responsable de ter traÃdo a Galicia a nomes como Björk, Shakira, Muse ou Lenny Kravitz, e Andrea González, pianista, pedagoga e xestora musical directora do festival internacional IKFEM (International Keyboard Festival & Masterclass), que se celebra en Tui e Valença, e escollida entre as 100 Mulleres LÃderes en España en 2019. O espazo está conducido por Diana Sieira, actriz, creadora escénica e comunicadora cunha dilatada experiencia como produtora e locutora radiofónica.
Este primeiro capÃtulo está xa dispoñible para ver e escoitar a través das principais plataformas en liña (Spotify, Ivoox, ou Youtube entre outras) e tamén na web da Cidade da Cultura. Cuestións como o impacto da pandemia nos festivais musicais, ou os retos que enfrontan as mulleres que se dedican profesionalmente a un sector como a promoción e produción de espectáculos -como pode ser o teito de cristal ou a conciliación da vida persoal e profesional- son algúns dos puntos tratados no diálogo desta primeira entrega das Conversas na balea, tÃtulo alude á icónica forma do Museo Centro Gaiás que lembra á dunha enorme balea. Ao longo do faladoiro, tanto Raquel como Andrea afondan nalgúns dos retos que enfrontan ou perciben no seu dÃa a dÃa profesional nun sector no que a presenza de profesionais homes en postos de liderado é maioritaria, e que abrangue desde a dirección de festivais, a promoción de concertos, ou a dirección de orquestras -no ámbito da música clásica-, por nomear algúns exemplos.