Quiosco: Boletín literario mindoniense número 6

Céntrase en traducións de linguas urálicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O pasado mes de novembro de 2024, César Cunqueiro publicou o número seis do seu Boletín Literario Mindoniense, unha revista unipersoal que destaca pola súa diversidade e profundidade cultural. Este número inclúe traducións ao galego de dous poemas en linguas urálicas: un en komi, "Komi kiv" de Iván Kuratov (1839-1875), e outro en udmurto, "Eu (son) udmurto" de Kudz Ebaj Gerd (1925), ambas linguas faladas no leste de Rusia. Ademais, o boletín ofrece traducións ao castelán de cancións populares lituanas, un canto de Odisseas Elytis, tres textos de Nâzim Hikmet e unha oda de Hölderlin. Esta variedade de contidos reflicte a ampla erudición de Cñesar Cunqueiro, quen posúe unha notable biblioteca de dicionarios e compendios gramaticais de múltiples linguas, permitindo así achegar ao público galego e hispano falante textos de culturas pouco coñecidas. A revista está accesible na rede.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Cunqueiro, Rusia

Claves

Protagonistas
Lugares