Un volume recolle 146 máscaras do Entroido galego

Entruidos e Mascaradas na Galiza está a chegar ao público da man das Escolas Semente

26/2/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
42 lecturas | Compartido 0 veces

Unha guía visual de entroidos galegos que recolle un total de 146 máscaras de todo o país, 122 delas ilustradas. Esta é a proposta que fan Tamara Mosqueira e Óscar Soutelo na obra Entruidos e Mascaradas na Galiza, que está a chegar ao público logo dun exitoso crowdfunding da man das Escolas de Ensino Galego Semente. O volume de exemplos recollidos fan desta proposta a maior guía visual sobre o Entroido do país.
A obra, resultado de anos de investigación, acompaña as imaxes das diferentes máscaras con explicacións dos seus comportamentos e particularidades, ademais de datos sobre o ciclo festivo de inverno no noso país. Os textos acompáñanse dun limiar do construtor de máscaras Paco Diéguez e dun mapa que facilita a localización dos diferentes entroidos recollidos.

O volume está a venda nas diferentes escolas Semente, na libraría Couceiro, en De Cotío, no local da Gentalha do Pichel e en Legumia en Compostela, na libraría Librouro de Vigo, na libraría Paz de Pontevedra e en Ula libraría social de Outes.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
4 lugares identificados
Claves temáticas
Entidades