A exposición Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego, que se pode visitar na Biblioteca de Galicia ata marzo de 2025, conta cunha unidade didáctica estreada hoxe. O manual, presentado por Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, está dirixido ao alumnado de secundaria e inclúe actividades para o último ciclo de primaria. Permite "ampliar os coñecementos respecto da literatura galega nos xéneros da fantasía, a ciencia ficción e o terror", mesmo destacando as achegas de autores como Vicente Risco, Castelao, Ánxel Fole, Rafael Dieste ou Álvaro Cunqueiro, así coma os nosos contemporáneos. A unidade está realizada por José Manuel Dopazo e Alba Rozas, de Boadicea Editora. Alba Rozas é tamén comisaria da exposición.
Unha unidade didáctica aborda a literatura fantástica en galego
É parte da exposición Do soño á apocalipse da Biblioteca de Galicia
