Federico Luppi participou en A Coruña na rodaxe de "Todas clase de peles"

Lupp-ing

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Non era a primeira vez que Federico Luppi viña a Galicia a participar nunha rodaxe. E esta vez fíxoo para presentar a curtamentraxe "Todas clase de peles", última gañadora do Concurso de Guións da Universidade de A Coruña e no que colabora desinteresadamente.

Malos tratos

A curtametraxe presentada na Universidade da Coruña ofrece unha visión sobre os malos tratos domésticos. Un proxecto que foi rodado no municipio pontevedrés de O grve e no coruñés de A Mera. Unha curtametraxe que gozou coa participación desinteresada de Frederico Luppi, que xunto cos actores galegos Iñigo Saavedra e Sabela Rodríguez, actuou ás ordes de Manu Mayo. O argumento desta curtametraxe amora unha estrampa familiar na que un pai trata con violencia á súa filla. A obra ten un final feliz xa que o agresor se reduce a traves do amor. Unha temática moi actual tratada dun xeito.


Outras visitas

Con esta, xa van dúas as veces nas que o actor arxentino (nado en Ramallo) visita a nosa terra. A primeira foi para participar, xunto con Francisco Rabal no Teatro Xofre de Ferrol en "Divertimento". Ademais, Luppi conta nas súas mans coa proposta de do director Emilio Guitiérrez Aragón, para que interprete ó Quixote na súa nova versión da novela de Miguel de Cervantes.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sabela, Teatro, Quixote, A Nosa Terra...