Os alumnos de Imaxe e Son estrean as súas primeiras curtametraxes froito do traballo de clase

Pequenas óperas primas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Son os aprendices de cineastas, técnicos e profesionais do audiovisual galego. Os alumnos de Imaxe e Son da Coruña presentan esta tarde os seus traballos nunha modesta gala na que exhibirán o aprendido neste curso. Son sete traballos noveles que contaron coa axuda de actrices xa coñecidas como Rosa Veiga e Camila Bossa e de persoas anónimas que colaboraron desinteresadamente. E da outra banda, de xente que leva anos traballando no audiovisual, está Manuel Gutiérrez Aragón que anda a rematar en Betanzos a rodaxe do seu último filme “La vida que te espera”, que conta coa participación de Luís Tosar.

Máis información sobre os traballos dos estudiantes de Imaxe e Son da Coruña en El Ideal Gallego e no Faro de Vigo sobre a rodaxe de “La Vida que te espera”

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Gutiérrez, Luís Tosar, Faro de Vigo, Betanzos...

Claves

Entidades