Vigo acollerá os Premios MAX en 2027

Será a segunda vez que a cidade sexa a sede da gala de entrega dos galardóns estatais de artes escénicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Vigo acollerá os Premios MAX en 2027

No marco da busca dun impulso cultural con ecos no exterior, a cidade olívica será a sede da XXX Edición dos Premios Max das Artes Escénicas no ano 2027, que se celebrará o 3 de maio no Auditorio Mar de VIgo e que organiza a SGAE. O Concello de Vigo ven de chegar a un acordo coa Fundación SGAE, organizadora destes premios estatais das artes escénicas, para que Vigo sexa a cidade onde teña lugar a gala de entrega, como xa foi no ano 2003. Na presentación participaron o alcalde , Abel Caballlero, o presidente da Fundación SGAE, Juan José Solana; o director xeral, Rubén Gutiérrez; o director en Galicia Miguel DIéguez, e o responsable do consello territorial, Teo Cardalda, amais da primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva e o edil de Cultura, Gorka Gómez.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Fundación SGAE, Carmela Silva, Concello de Vigo...