As obras de remodelación da Rúa do Convento, en Melide, están a tirar á luz importantes restos sobre o pasado desta vila. O pasado 11 de febreiro aparecÃa nas escavacións que se realizan na zona un esqueleto humano. A continuar os traballos, localizáronse tamén, no dÃa 14, restos da cerca medieval que protexÃa a vila cara ao final da Idade Media.
Destes últimos, localizáronse os alicerces da cerca, datada do século XIV, canda a dúas dovelas que indicarÃan a situación dunha porta de acceso á vila na altura da actual Rúa de San Pedro. Segundo informa El Progreso estÃmase que a cerca poderÃa ter en orixe un tres metros de grosor e unha altura que poderÃa roldar os cinco.
O arqueólogo Francisco Hervés, que dirixe as intervencións, apuntaba os restos humanos poden datarse entre os séculos XIV e XVII, e poden responder ao enterramento dunha persoa que non seguise os preceptos da Igrexa, polo pouco usual da súa localización, fóra dos muros da localidade.
Con ocasión destes achados, o Museo da Terra de Melide organizou ao longo dos dÃas 15 e 16 visitas guiadas aos restos para explicar a configuración da vila na época medieval, a abordar cuestións como o sistema de abastecemento e de saneamento ou a pegada do Camiño Real. O centro anunciou no seu Facebook novas visitas para os dÃas 22 e 23 de febreiro.