Xerais publica 'Cantareiras' sobre as homenaxeadas nas Letras Galegas

Os malpicáns Iciar Varela e Xosé Manuel Varela asinan este traballo

Os malpicáns Xosé Manuel Varela e Icia varela asinan un dos primeiros libros do ano dedicado á difusión das homenaxeadas no Día das Letras Galegas. Xerais publica na súa colección Libro X 'Cantareiras', un percorrido polo legado da música e a poesía popular. A tradición das pandeireteiras centrada nas homenaxeadas Vellas de Mens, Eva Castiñeira e Adolfina e Rosa Casás son as protagonistas deste volume. Icía Varela (Malpica, 2000), filóloga de formación, é fundadora do grupo Arredores. Subiu aos escenarios con SÉS, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Caamaño&Ameixeiras, Fillas de Cassandra ou Xosé Manuel Budiño. Como solista, actuou no Festival Intercéltico de Lorient (Francia) e no Celtic Connections de Glasgow (Escocia). Xosé M. Varela (Malpica, 1967) é docente e fundador da Fundación Eduardo Pondal, é un activo dinamizador de iniciativas culturais na Costa da Morte. Premio Bergantiños desde os Libros na súa edición do ano 2000.