A consellería de Educación presenta un web interactivo axeitada para pais, alumnos e profesores

Educar no portal

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Desde hoxe os pais poderán ver as notas e as faltas dos seus fillos; os alumnos poderán seguir o curso desde a casa cando estean enfermos; os profesores poderán realizar xestións administrativas e académicas e as empresas terán un espacio para concretar ofertas e demandas da Formación Profesional. Son algunhas das numerosas posibilidades que ofrece o portal que a Consellería de Educación presentou onte. Un proxecto interactivo pioneiro en España que está estructurado en seis bloques principais (consellería, profesorado, alumnos, familias, centros e empresas) e está pensado para que tamén poida ser empregado por persoas con discapacidades (tanto motrices como visuais). O proxecto agrupa outros planes que xa estaban en marcha (como o Siega) e completarase coa dotación informática nos centros escolares.

Consulta o Portal educativo

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Consellería de Educación

Claves

Conceptos